O
alcalde de Lalín, José Crespo e o conselleiro de Cultura e Educación e
Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, inaugurarán o vindeiro venres,
10 de maio, ás 20.30 horas, no Museo Municipal, a XI Bienal
Internacional “Pintor Laxeiro” de Lalín, que este ano terá como artista
convidado ao lalinense, recentemente falecido, Alfonso Sucasas. No acto
inaugural tamén intervirán María Álvarez, concelleira de Cultura;
Antonio Garrido, membro do xurado, galerista, crítico de arte e
profesora de Arte Moderna da USC e Miguel Santalices Vieira,
vicepresidente primeiro do Parlamento de Galicia.
A
XI Bienal “Pintor Laxeiro” de Lalín, que abre o “Mes das Letras
Galegas” do Concello de Lalín, está composta por 52 obras seleccionadas,
gañadoras nas disciplinas de pintura, escultura e fotografía, xunto con
11 obras de Alfonso Sucasas. Os artistas seleccionados foron os
seguintes: Amaya González, Ana Gil, Ana Pérez Ventura, Antonio Gil,
Basilisa Fiestras, Brucedo, Carlota Salgado Leal, Cillás Seyde, David
Catá, Eduardo Valiña, Fondevila, Francisco Escalera, Fruela Alonso, Gery
Âlx, Gonzalo Selles Lenard, Guillermo Masedo, Hugo Pazos, Isabel
Alonso, Ismael Teira, Itziar Ezquieta, Iván Franco Fraga, Javier Iván
Ita, Jesús Madriñán, Jorge Carmona, Jorge Varela, José Andrés Santiago,
José Luis Abeledo “Bibí”, José M. Osuna, José M. Vidal Vidal, José Pedro
Izquierdo, Julia Ferradás Crespo, Lomartí, Luís Medina, Manuel Bouzo,
María Andrés Sanz, Mauricio Vergara, María Meijide, Miguel Vasconcelos,
Mónica Trastoy, Mortuzar, Óscar Cabana, Raúl Álvarez, Sebastián Camacho,
Soledad Penalta, Svantje Bubhoff, Thalámas Salamatu, Verónica Dieste,
Víctor Solanas Díaz, Xabier Arias, Xabier Fernández Ríos e Yolanda
Relinque.
A
obra da Bienal estará distribuída no Museo Municipal e tamén no Espazo
Cultural. Na planta baixa do Museo estarán as 11 obras de Alfonso
Sucasas mentres que as restantes 52 seleccionadas se repartirán entre a
primeira planta do Museo e o Espazo Cultural. Tras a inauguración da
Bienal no Museo, visitarase a exposición no Espazo Cultural do Castro
Tecnolóxico.
Está
en preparación o catálogo da Bienal, financiado pola Xunta, a través da
Consellería de Cultura que contribuirá a unha maior difusión e
promoción da Bienal e dos artista. Ademais, coincidindo coa clausura da
Bienal o próximo 7 de xuño faranse entrega das dúas bolsas para
participar na XII Xuntanza Internacional Artes Plásticas en xullo de
2014 e tamén se fará a adquisición de obra.
Mais informação aqui.
Mais informação aqui.
Sem comentários:
Enviar um comentário